Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Estará tamén en Uruguai

Feijoo volve a Arxentina malia prometer non facelo sen "tarxeta sanitaria" para todos

O líder do PPdeG sae de xira cara a terras arxentinas e uruguaias, onde xa se convocaron os "Almuerzos de la victoria".

Redacción - 11:00 13/03/2009

Subliñan desde o PPdeG ao respecto da promesa realizada polo líder do partido durante a recente precampaña electoral que a intención de Alberto Núñez Feijoo e "reafirmar o seu compromiso de non volver visitar os emigrantes como presidente da Xunta senón pon en marcha a tarxeta sanitaria para todos". "Non virei aquí de baleiro, e se veño non será a prometer, senón a confirmar que funciona aquilo co que terei cumprido", prometéralles daquela Núñez Feijoo na outra beira do Atlántico aos residentes no exterior.

Desta volta, o que será próximo presidente da Xunta sae este venres para Arxentina, onde participará en actos coa Sociedade Parroquial de Vedra e a prensa da colectividade do Estado Español en Bos Aires. Posteriormente estará nunha cea "celebración" con militantes e simpatizantes do PP en Bos Aires. O sábado 14, Feijoo vaise trasladar a Uruguai, onde dará unha conferencia de prensa na sede popular naquel país e participará despois nun xantar con afiliados e simpatizantes do PP no Centro Ourensán en Montevideo.


2.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Convocatoria dunha das celebracións do PP arxentino para a vindeira semana
Convocatoria dunha das celebracións do PP arxentino para a vindeira semana
"Non volverei de baleiro", prometeu hai un mes Feijoo en Bos Aires
"Non volverei de baleiro", prometeu hai un mes Feijoo en Bos Aires
Núñez Feijoo durante a súa visita a Arxentina e Uruguai na precampaña do 1M
Núñez Feijoo durante a súa visita a Arxentina e Uruguai na precampaña do 1M