No sábado, diferentes medios do Estado Español e Portugal coincidían en que o bipartito e a dereita chegaban moi igualados ás urnas. Na segunda feira as cousas cambiaron.
Imaxe que recollen as axencias internacionais da comparecencia de Touriño, na noite do domingo
O sábado os medios foráneos, en xeral, dábanlle unha vitoria ao PPdeG. De feito, mesmo o xornal portugués Público titulaba "Na Galiza o Partido Popular (PP) está à beira de regressar ao poder", e non erraba. Esta segunda feira, os xornais estranxeiros culpan á crise e a xestión de Zapatero no Estado Español da derrota do bipartito.
Velaquí as ligazón ás noticias que saíron esta segunda feira de resaca electoral na prensa foránea, sobre o acontecido nas urnas do noso país, este domingo.
Euskadi