Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAMBIO NO EXECUTIVO ESPAÑOL

Caamaño, o ministro máis “federalista” de Zapatero

Nacionalistas galegos e cataláns coinciden en que o ministro de Cee ten unha visión “plurinacional” do Estado.

Redacción - 14:00 24/02/2009
Tags:

O ceense Francisco Caamaño será o cuarto ministro de orixe galega que ten sitio no goberno español e segundo se comenta nos círculos políticos, o menos xacobino de todos. Catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Valencia, Caamaño ten experiencia nos gabinetes de goberno. Antes de chegar á dirección do departamento de Xustiza foi secretario de Estado de Relacións coas Cortes e máis recentemente de Asuntos Constitucionais e Parlamentarios.

A diferenza doutros ministros españois, o nomeamento de Caamaño foi ben visto polas formacións nacionalistas. Un bo exemplo son as palabras de Joan Ridao (ERC) ao xornal Vilaweb que cualificou ao galego de “sinxelo e dialogante” á vez que apuntou que o de Cee “ten un dos perfís máis federalistas que hai dentro do PSOE”.

Aquí en Galiza, o secretario xeral de Relacións Institucionais, o nacionalista Xoán Antón Pérez-Lema, tamén cualificou a Caamaño de “gran xurista” e de persoa “dialogante”. Pérez-Lema considera que o novo ministro forma parte dunha cultura política que entende o Estado Español como unha realidade plurinacional. Porén, lembrou que estas características contrastan cun goberno Zapatero que non se está a destacar pola súa sensibilidade cara as diferenzas nacionais.

No plano ministerial, dende a Xunta agardan que Caamaño avance na “autonomización da xustiza” e que abandone as tradicionais políticas centralistas.


4,75/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: