O vídeo repasa as contradicións existentes entre o discurso lingüístico de PP e Galicia Bilingüe e as súas prácticas, e revela algunhas inexactitudes e falsidades difundidas por estas e outras organizacións sobre a situación legal e social da lingua en Galiza. Vemos, por exemplo, a Ana Pastor amosando un moi baixo nivel de galego, e á propia Pastor e a Núñez Feijoo cun coñecemento de inglés moi baixo igualmente. Vemos así mesmo a Corina Porro criticando con dureza ao BNG, apenas dous anos despois de ofrecerlle un pacto para gobernar a cidade de Vigo.
Escoitamos tamén os dirixentes de Galicia Bilingüe declarando nos medios que "grazas a eles" o PP votou en contra do decreto de galeguización do ensino (cando en realidade foi consensuado e votado polos tres partidos con representación parlamentaria).