Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Eladio Romero

"Hai que afondar no diálogo social e acelerar o cambio de modelo produtivo"

O secretario de Acción Sindical da UXT-Galicia explica para Vieiros os retos que, na súa opinión, deberían ser prioritarios a partir do 2M.

Redacción - 12:00 12/02/2009
Eladio Romero, secretario de Acción Sindical de UXT-Galicia

Eladio Romero, secretario de Acción Sindical de UXT-Galicia

"O primeiro que lle deberiamos esixir ao goberno que saia das urnas é que se esforce en darlle continuidade a unha das claves da última lexislatura en Galiza: a aposta polo diálogo social. É fundamental continuar nesa liña, e afondar en todas as posibilidades.

Nun contexto como o actual, coa conxuntura económica que vivimos, debe ser prioritario manter un esforzo especial en protexer a parte máis débil da sociedade neste escenario. O reforzo das garantías en favor dun emprego digno e as políticas a prol dunha cobertura social ambiciosa serán fundamentais.

Tamén é necesario acelerar o cambio respecto do sistema herdado, un conxunto de inercias caducas, que fan preciso ocuparse de poñer ao día as políticas para afondar no cambio de sistema produtivo que o noso país necesita.

Eu penso que se iniciou un cambio no bo camiño e que será posíbel esa viraxe de modelo produtivo. Unha viraxe que se basea nun maior respecto polos traballadores, a aposta por un país con cidadáns mellor formados e polo estímulo da competitividade da nosa economía"


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: