Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE

Zapatero recoñece que 2009 vai ser moi duro economicamente

Rodríguez Zapatero anuncia un recorte de gasto corrente de 1.500 millóns de euros para poder pagarlle aos desempregado.

Redacción - 09:49 11/02/2009

Logo de meses intentando combater dialecticamente as peores previsións, o presidente do goberno español deu un xiro radical ao seu discurso. Nunha comparecencia parlamentaria, a primeira do ano, Rodríguez Zapatero admitiu que a crise económica é moi grave. O xefe do executivo estatal admite que as esperanzas dunha recuperación a curto ou medio prazo son nulas. Porén, di que hai expectativas de que a crise toque fondo cara final de ano.

O principal problema ao que terá que enfrontarse o goberno nos vindeiros meses é o paro. Consciente de que o número de desempregados pode aumentar considerabelmente de aquí a final de ano, Zapatero anunciou un recorte de 1.500  millóns nos gastos correntes coa fin de gardar recursos para manter as prestacións aos parados.

Aínda que Zapatero volveu falar dunha crise mundial, tamén sinalou que hai que extraer “leccións propias”. Neste sentido que no Estado Español hai unha maior perda de emprego debido ao parón inmobiliario.


3.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: