O presidente do PPdeG prometeu na Estrada un plan de austeridade se regresa á Xunta.
O máximo dirixente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, sacou este sábado na Estrada o discurso máis autonomista. Nun mitin ao que acudiron varios centos de simpatizantes e no que estivo presente o ex conselleiro Xesús Palmou, Feijoo asegurou que “somos galeguistas e imos ir ás eleccións coa cara descuberta”. Feijoo arremeteu contra o BNG ao que acusou de poñer na campaña unha “careta galeguista e quitar a nacionalista porque Quintana quere ser como o PPdeG”.
Con respecto á crise económica, Feijoo afirmou que non se pode escusar a crise alegando o seu carácter mundial: “Os problemas económicos están en Galiza e dende Galiza debemos loitar”. Sostén que se chega á Xunta vai aplicar políticas de austeridade que supoñan un aforro anual de 120 millóns de euros, que se destinarán á creación de emprego.