Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza2009

O plan económico do PP incluirá a reforma das caixas, redución de impostos e unha axencia de innovación

O líder do PPdeG tamén definiu a creación de emprego como a "única prioridade" do programa do seu partido.

Redacción - 09:30 28/01/2009

Durante a presentación, este martes en Compostela, do programa do PPdeG na área de economía, os populares aproveitaron para sumarse publicamente ao debate aberto ao respecto da posíbel reforma da Lei de Caixas. Neste ámbito, o PP propón en Galiza que estas entidades financeiras reforcen o seu "compromiso co apoio aos sectores produtivos estratéxicos" do país e consideran tamén que poderían mellorar a súa "independencia e profesionalidade" na xestión, a través dunha redefinición nos seus órganos de goberno.

"Trátase de garantir a vinculación das caixas co país, fronte aos intentos que algúns están a facer para a súa recentralización", expuxo o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo sobre o asunto, "e de garantir o seu funcionamento rigoroso e a solvencie a técnica, para que as empresas galegas teñan máis doado obter o financiamento que precisan". Feijoo apuntou que será un dos eixos destacados do Plan Estratéxico que se compromete a debater cos axentes sociais e no propio Parlamento durante os cen primeiros días de Goberno.

Doutra banda, Núñez Feijoo tamén se referiu á necesidade de afrouxar as cargas fiscais, especialmente para os emprendedores empresariais. "Son os primeiros en padecer a excesiva carga administrativa e os custos fiscais asociados", indicou. De xeito global, falou Feijoo, entre outros, dunha posíbel baixada do tipo do Imposto de Sociedades para as pemes, que quedaría no 20%, baixando o tipo xeral do 30% ao 25%.

A creación dunha "Axencia Galega de Innovación" foi outra das ideas que puxo na mesa o PP. Segundo o programa que expoñen, trataríase dunha axencia "independente" adicada ao fomento da innovación, coa meta de conseguir que "as iniciativas emprendedoras no eido tecnolóxico xurdidas en Galiza se transformen en proxectos sólidos" preparados para o seu funcionamento e explotación empresarial. O seu funcionamento incluiría o traballo activo na captación de recursos privados, a través da mobilización de inversores privados, investimentos privados de fondos de capital risco, e tamén de financiamento público.


2,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: