Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sen confirmar o pacto

A posíbel alianza do Galeuscat para as europeas adíase á volta do 1M

O coordinador da executiva do BNG, Francisco Jorquera, aproveita para criticar o "método condicionante e absolutamente antidemocrático" das eleccións ao Europarlamento.

Redacción / EP - 09:00 16/01/2009

A necesidade de que cando menos "as nacionalidades históricas teñan a súa propia demarcación electoral" foi unha das reflexións expostas este xoves polo coordinador executivo do BNG ao respecto das eleccións ao Parlamento Europeo. Francisco Jorquera laiouse de que o Estado Español funcione como circunscrición única e esixiu que Galiza, Euskadi e Cataluña conten cun trato diferenciado. Na súa opinión, trátase dunha diferenciación a prol do respecto "coa realidade do Estado das autonomías". Insistiu Jorquera en que Galiza debera ter "unha representación directa en Europa" sen necesidade de "subsumirse" a unha plataforma na que participen outras formacións políticas.

Por outra parte, Jorquera comentou que as formacións integradas no Galeuscat deixarán para o próximo mes de marzo o debate ao respecto da posíbel recuperación da alianza para os comicios europeos. As eleccións en Galiza e Euskadi o primeiro de marzo adían así o debate ao respecto con CiU e PNV. Segundo o tamén deputado do Bloque no Congreso, o asunto "non distorsionará os esforzos actuais nas galegas". Sobre o mesmo asunto, Jorquera rexeitou analizar as presuntas reticencias especialmente de Unió ao respecto da recuperación desa alianza. Doutra banda, subliñou que os contactos entre as forzas políticas do Galeuscat céntranse agora en "afondar no apoio mutuo" en todas as iniciativas relacionadas co incremento do autogoberno.


4.17/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: