Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Europa loa o esforzo dos gobernos de Galeuscat a prol das linguas propias

Un informe do Consello de Europa pide máis medidas para garantir o dereito da cidadanía a ser atendida en idiomas distintos do castelán.

Redacción - 12:35 14/01/2009

O informe sobre a Carta Europea das linguas rexionais ou minoritarias elaborado polo comité de expertos do Consello de Europa valora positivamente o labor de Cataluña, Euskadi e Galiza para reactivar e normalizar as linguas propias e a sinatura do acordo de colaboración en materia de política lingüística. O goberno vasco xa amosou a súa satisfacción por este recoñecemento.

Segundo informa a EITB, o documento aconséllalle ao Estado Español tomar medidas que fagan posíbel o uso das linguas distintas do castelán no eido institucional, na Xustiza, nas sociedades estatais, nas empresas de servizo público e nos medios de comunicación dependentes do estado. Tamén salienta, no caso vasco, as queixas recibidas polo feito de que os profesionais da Sanidade e da Policía carecen dos coñecementos para atender a cidadanía na súa lingua.

No campo do ensino, o Consello de Europa valora positivamente os pasos dados por aumentar a presenza do éuscaro no ensino, e o "cambio histórico" que se produciu nos gobernos vasco e navarro a prol da lingua, con máis axudas aos medios de comunicación en éuscaro. Porén, ve "considerablemente baixo" o volume de funcionarios do Estado que dominan a lingua vasca, do 16%, fronte ao 44% dos funcionarios da comunidade autónoma.


5/5 (18 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: