Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza 2009

"Con Touriño, Galiza superou o caciquismo", di Zapatero

O presidente do goberno español asegurou que o seu departamento cumprirá "todos os compromisos con esta terra", incluído o da alta velocidade ferroviaria.

Redacción - 09:00 12/01/2009

"O mellor galego e o mellor español". Así definiu este domingo en Ourense a Emilio Pérez Touriño o líder do PSOE, José Luís Rodríguez Zapatero. Na súa intervención no ourensán pavillón dos Remedios, Zapatero destacou o avance de Galiza na converxencia coa media estatal en indicadores económicos, unha evolución que na súa opinión é exemplo da "etapa de progreso e futuro" que se contrapón coa "época dos caciques", expresión coa que cualificou o treito do PP no goberno.

De paso, o presidente do goberno español aproveitou para agradecerlle ao presidente da Xunta o seu "comportamento" durante a recente negociación ao respecto do cambio de modelo de financiamento autonómico. "Propón e non descualifica", avaliou Zapatero sobre a posición de Touriño nese proceso, "e sabe actuar en defensa de Galiza, pero comprometido con España". "Galiza paga a pena, medra máis e exporta máis", comentou. Deseguido, cargou o líder dos socialistas contra o PP, denunciando que se trata dun partido "con tics antiautonomía". "Queren un poder concentrado nunha soa man: na súa", reprochoulles Rodríguez Zapatero aos populares.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: