 
 
O músico Fran Pérez "Narf" incorpórase á reflexión sobre a realidade na que nos gustaría vivir. Galiza, di, non é un país normal.
"Ser galego non é normal, ten algo especial", di o compositor, quen reivindica a naturalidade de vivir sen a necesidade de amosar a nosa autenticidade galega en todos os ámbitos. A súa reflexión incorpórase á galería de opinións sobre o que é para cada un unha normalidade de país.
Máis reflexións
Vieiros puxo en marcha esta iniciativa para indagar sobre cal é o país desexado, o posíbel ou o normal. O debate está aberto e durante as vindeiras semanas seguiremos entrevistando a persoeiros e cidadáns para que acheguen a súa proposta.
Incorpórate á discusión e propón as túas ideas: ¿cal é a realidade que che gustaría vivir (se é que non a  vives)? Cóntanos cal é o teu país normal.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto