Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SOFTWARE LIBRE

As pemes galegas, por riba da media estatal na implantación de Linux

O coordinador de Mancomún, Xesús Baleato, presentou en Málaga os datos do INE que certifican o avance da sociedade da información en Galiza.

Redacción - 12:40 22/10/2008

As empresas galegas están por diante da media do Estado Español na implantación de software libre. Así o afirmou o coordinador de Mancomún, Xesús Benítez Baleato, que participou na Conferencia Internacional OSWC 2008, que se desenvolve na cidade andaluza de Málaga.

Baleato baseouse nos datos do INE, que indican que un 8,2% das pequenas e medianas empresas de dez ou máis empregados usan o sistema operativo Linux, mentres que no Estado Español a porcentaxe é do 7,8. A incidencia do software libre é máis importante se se ten en conta que o crecemento interanual de pemes que usan Linux foi do 14 por cento.

Os resultados respaldan as iniciativas que está a levar a cabo a Consellaría de Innovación e Industria a prol do software libre, mormente as que se desenvolven dende a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información. Dende a consellaría saliéntase que as microempresas son as que presentan máis dificultades na súa incorporación á sociedade do coñecemento.

Outros datos favorábeis en relación coas empresas de 10 ou máis empregados de Galiza son que o 97,8% dispón de ordenador, o 93,4 acceso a internet e o 91,9 correo electrónico. Porén, o 45% aínda non dispón de páxina web.


Ligazóns

3.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: