Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
OSOR.EU

A Comisión Europea traslada o modelo de Mancomún ao seu portal de Software Libre

O observatorio e repositorio europeo presentouse en Bruxelas con presenza de representantes galegos.

Redacción - 13:10 30/06/2008

A Comisión Europea tomou como modelo a estrutura de Mancomún para crear o seu Observatorio e Repositorio Europeo de Software Libre (OSOR), que se presentou recentemente en Bruxelas. O portal permite compartir o Software Libre a institucións, organismos e individuos, ademais de intercambiar recursos e coñecementos na materia a través de servizos de observación tecnolóxica e colaborativos. A Forxa de Mancomún é unha das estruturas asociadas á plataforma europea dende o seu inicio.

O coordinador de Mancomún, Xesús Benítez Baleato, que estivo presente no acto de presentación, explicou que, coa adopción dun modelo idéntico ao galego "demostra o acerto da estratexia de promoción do Software Libre seguida pola Consellaría de Innovación e Industria, buscando fortalecer un tecido TIC endóxeno capaz de fornecer a necesaria independencia tecnolóxica que permita abastecer tecnoloxicamente aos distintos sectores produtivos do noso país”.

Deste xeito, Mancomún convértese en referente europeo en Software Libre e contribúe no asesoramento e desenvolvemento de proxectos continentais para a difusión e implantación das tecnoloxías abertas. Tal e como sinala Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, principal promotora de Mancomún, “trátase non só de que Galiza sexa consumidora senón tamén de que sexa produtora de recursos e servizos na Sociedade da Información e do Coñecemento”.


4,6/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: