Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Balance dos últimos nove meses

Os emprendedores aparcan os proxectos e aumentan as empresas disoltas

Galiza vive o menor ritmo de creación de empresas dos últimos catro anos, ao tempo que aumenta significativamente a porcentaxe de entidades que desaparecen.

Redacción - 12:15 20/10/2008
O ritmo de destrución de empresas disparouse xa en 2007

O ritmo de destrución de empresas disparouse xa en 2007

Até finais de setembro o balance de creación de empresas en Galiza deixaba un total de 4.336 empresas creadas, un 18% menos das xeradas no mesmo período o ano anterior, 5.265, segundo as cifras achegadas no estudo da consultora Axesor, que analizou as altas e baixas de sociedades mercantís. Un dato que daquela confirmaba unha evolución positiva, co paso de 4.790 empresas creadas nese treito do ano en 2005 e 5.134 creadas en 2006. Así e todo, a ralentización do emprendemento empresarial foi ben maior no conxunto do Estado, onde se pasou de crear 113.561 sociedades nos nove primeiros meses de 2007 a creárense tan só 84.783 no mesmo período en 2008, un descenso medio do 25%.

Por outro lado, a estatística de disolucións empresariais non ofrece tampouco datos positivos. De 531 disolucións rexistradas en 2006, brincouse a 631 en 2007 e no mesmo treito estudado en 2008 contabilizáronse 757 disolucións, é dicir, un 20% máis ca durante o mesmo período do ano anterior. A nivel estatal a diferenza que atopamos entre 2007 e 2008 neste apartado é menor, mesmo un lixeiro descenso do 3% (13.794 disolucións), xa que o punto de inflexión cara ao incremento na destrución de empresas detectárase entre 2006 e 2007 (pasando de 9.582 a 14.281 á fin do terceiro trimestre en cada un deses exercicios).


2.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: