Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
DISCRIMINACIÓN

O goberno español fará un "esforzo" para garantir os dereitos dos galegofalantes

Francisco Jorquera expuxo no Congreso os incumprimentos da administración estatal en materia lingüística.

Redacción - 11:00 17/09/2008

As vulneracións da administración do Estado Español no uso do galego chegaron ao Congreso dos Deputados. O parlamentario do BNG Francisco Jorquera denunciou a negativa da Policía e da Garda Civil a admitir certificados de estudos en galego, a vulneración da legalidade na toponimia en webs públicas e o uso marxinal da lingua na Xustiza. E, todo iso, fronte a "campañas impulsadas desde algúns ámbitos que intentan facer crer que é o castelán e os seus falantes os que sofren discriminación".

A resposta do presidente do goberno español foi que se está a "facer un esforzo" no ámbito das forzas de seguridade e amosouse disposto a "que se faga efectiva a cooficialidade". Así, anunciou que se poñerá en marcha un sistema informático para que as multas de tráfico se tramiten de xeito bilingüe. Zapatero dixo que tomaba nota das denuncias e que daría as "instrucións oportunas" para garantir os dereitos dos galegofalantes.

Jorquera rematou a súa réplica demandando políticas activas e de normalización e "que o talante se acompañe tamén de feitos".


4.5/5 (14 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: