Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ATÉ O 10 DE OUTUBRO

Cultur.gal abre o seu prazo de inscrición

A Feira Galega das Industrias Culturais celebrarase entre o 4 e o 7 de decembro na Coruña.

Redacción - 12:30 11/09/2008

Cultur.gal abre as súas portas. Quedan aínda tres meses para o evento, pero dende este xoves (e até o 10 de outubro) está aberto o prazo para que reserven o seu espazo todas as empresas, institucións, asociacións e colectivos que desexen estar presentes na feira. Os stands da feira están ao dispor de actores de todos os ámbitos de manifestación creativa: as artes escénicas, o audiovisual, a literatura, a música, as novas tecnoloxías para a cultura e o lecer ou os servizos socioculturais. Hai cabida igualmente para as compañías do deseño gráfico, da publicidade, das artes visuais ou da xestión lingüística e outros sectores implicados no desenvolvemento cultural.

A Feira Galega das Industrias Culturais celebrarase este ano no Palexco da Coruña entre o 4 e o 7 de decembro. Será o escaparate para as empresas da industria cultural galega e nun espazo de encontro e interrelación. Ao igual que na pasada edición, celebrada en Pontevedra, a programación durante os catro días de celebración da feira será moi intensa, con actuacións musicais, proxeccións, obradoiros, presentacións de libros e discos, actividades infantís, mesas redondas, foros e encontros.


4/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: