Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SANIDADE DESCARTA ESIXILO

Os médicos que exerzan no país non terán que saber galego

O BNG pedira que os facultativos que atendan pacientes no país tivesen a obriga de coñecer a lingua para mellor comunicarse con eles.

Redacción - 11:20 20/08/2008

Non mudarán os baremos. O coñecemento da lingua galega seguirá sendo un mérito para os médicos que queiran ser contratados polo Sergas, pero os profesionais non estarán obrigados a entender e falar o galego. O reverso desta decisión é que os cidadáns seguirán sen ver garantido o seu dereito a ser atendidos polo seu médico na lingua propia de Galiza. María Xosé Rubio, conselleira de Sanidade, concedeu así é todo que os médicos que coñecen o galego son máis eficaces, pois están máis preparados "para achegarse ao cidadán".

Os deputados do BNG Bieito Lobeira e Cristina Ferreiro solicitaron hai uns días incluír nas futuras convocatorias de acceso ás prazas do Sergas unha proba lingüística que todos os aspirantes deberían aprobar. Garantiríase así o exercicio efectivo dos dereitos lingüísticos dos galegos e aseguraríase a comunicación con aqueles pacientes monolingües ou que se desenvolven mellor en galego ca en castelán. Porén, a Consellaría de Sanidade négase a mudar o contido das probas, amparándose en que o actual sistema conta co beneplácito dos sindicatos.

Rubio asegurou en todo caso que a lingua non é unha barreira de comunicación cos cidadáns, posto que, engadiu, en Galicia hai moitos profesionais incorporados dende fóra da comunidade, os que "en pouco tempo se familiarizan" co galego.


1.92/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: