Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Advertencia do conseller de Economía

O PSC ameaza co veto aos orzamentos do Estado se o PSOE frea a negociación bilateral

Un aviso indirecto que os socialistas cataláns puxeron na mesa o mesmo día no que se cumpría sen éxito o prazo fixado polo Estatut para a revisión do financiamento da Generalitat.

Redacción - 09:30 10/08/2008

"Quero pensar que teremos uns orzamentos do Estado tan respectuosos co modelo de financiamento que propón o Estatut que non teremos ningún problema en votalo", avisaba este sábado non sen ironía o conselleiro de Economía do goberno catalán, Antoni Castells. Quedaba así na mesa a ameaza do PSC de exercer no Congreso a súa autonomía respecto ao PSOE e facer valer o peso dos seus deputados nun pulso directo coa dirección do PSOE en Madrid. Unha belixerancia dialéctica que chegaba coas declaracións previas, non exentas de dureza, realizadas polo propio presidente da Generalitat, José Montilla. O tripartito catalán contou ademais este sábado coa sintonía da xuntanza realizada cos responsábeis económicos de CiU, que desde a oposición une vencello co executivo para garantir a fortaleza da posición catalá neste asunto.

Montilla advertira xa na xornada anterior, facendo un xogo de palabras cun dos lemas socialistas das eleccións xerais de 2004, que desta volta, "se gaña Cataluña, gaña Zapatero". O desafío das declaracións durante unha intervención pública do presidente catalán levaron á vicepresidenta primeira do goberno español, María Teresa Fernández De la Vega, a cualificar de "exceso verbal" as afirmacións de Montilla. De la Vega revelou que falara telefonicamente con Montilla "desde o respecto, pero con algunhas discrepancias" e asegurou ser optimista de cara a un acordo final.


Para ampliar: Vilaweb, La Vanguardia e El Periódico


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: