Con analítica precisión billardeira, Xermán Viluba reflexiona sobre as paradas obrigatorias dun autoestopista baixo a canícula.
Paradas obrigatorias dun autoestopista baixo a canícula: A pel dos sentidos e O látego de algas
Entre a quentura da brisa africana que nos golpexa advertimos varias das trincheiras de humidade cubalibreira dende as que combater a súa caricia, frontes coma o de Valga epicentro absoluto da creación de vangarda feita no país sitúan o esceario iste venres e sábado do ARTENATIVA a varios centos de pes de altura por riba da inocencia de grupos e público que se pasean somambulos polo resto das xuntazas organizadas polas axencias cuxo único interese que teñen no son é o das moedas nas súas carteiras.
Anti-imperilismo e contundencia coa palabra e coa billarda, XXIII FESTIVAL DE POESÍA DO CONDADO o vindeiro 6 de setembro e o auténtico ROCK EN RÍO iste sábado nun palco do concello de San Xoan en Ourense , citas e quitas nas que sobre todo gostaría facer referencia ás paradas. Se pasas por Lugo cita absolutamente inexcusable coa impactante exposición con sede no museo provincial A PEL DOS SENTIDOS que apresenta na cidade das murallas ate o 31 de agosto os traballos de cinco artistas plásticos, en concreto de Ignacio Castro o maxistral Nachok, Antía Moure, Laura Pernás, Ernesto González e Mar Vicente. Conferos admiración ó traballo e o compromiso do xa coñecido pola larada de moinantes que vides a istes regos escritos , o que penso herdeiro absoluto da pegada de Virxilio, estou a falar de Nachok e dun dos seus compañeiros na militancia sonora anterior baixo a camisola Porco-Jones , Ernesto González , o artista mindoniense apresenta en Lugo as súa ultimas intervencións plásticas e xa só por istes dous monstros emerxentes dos sempre perigosos sumidoiros do underground merece a pena darse unha volta polo museo e se temos, tres artistas máis a descobrir pois a intromisión é case obrigatoria.
E se no camiño che entran gañas de facer de vantre.... hai que botarse obrigatoriamente ó último de Reixa, LÁTEGO DE ALGAS , como el dicía cando presidía a súa propia nación sonora nunha entrevista feita na Mandrágora por Felix Romeo autor de Amarillo , a maioría das veces fálase máis dun disco do que se escoita, e moito nos tememos que con iste libro vai ser o mesmo..... retorno poético despois de 9 anos , espiral maior , prólogo de Yolanda , presentación oficial na cafetería do Corte Inglés da Coruña, nen sequera Jaime Cristóbal de Popcasting e Souvenir se atreveu a falar mal de Dylan despois de soar demecial nun pavillón de Pamplona dende logo tampouco vou ser eu o que lle quite a corrente á sempre referencial pista dos coches de choque sobre a que tantos aprendemos a embestir....estamos en guerra , pero nistes días de asedio tropical sempre nos quedará alguén a quen amar!!