Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CULTURA DE BOLIVIA

Os bolivianos poderán recibir clases universitarias nas linguas indíxenas

Véñense de inaugurar as tres primeiras universidades que impartirán clases en aymará, quechua e guaraní.

Redacción - 12:45 04/08/2008

Warisata, Cochabamba e Santa Cruz. Estas cidades do altiplano andino, referentes do mundo indíxena, serán os lugares que acollan as tres primeiras universidades nas que as clases se impartan na lingua ancestral dos seus poboadores. O obxectivo é rescatar o legado destas culturas, ao tempo que se pretende "descolonizar o país ideolóxica e culturalmente", segundo palabras do presidente Evo Morales.

Nun acto celebrado no concello de Warisata, Morales destacou que estas institucións permitirán recuperar os principios e as formas de produción e vida das poboacións orixinarias, que durante séculos resistiron ás humillacións do colonialismo. Tamén cuestionou que o 12 de outubro se celebre como o Día da Raza (data na que os españois chegaron a América en 1942) cando, dixo, "foi un día de invasión que nos impuxo aspectos culturais de alienación".

Nestas novas universidades, tamén haberá clases de español e de inglés, que serán dúas materias máis. Sen embargo, a lingua vehicular será o aymará, quechua ou guaraní, así que Morales xa advertiu aos catedráticos da súa obriga de repasar os seus coñecementos de linguas indíxenas para traballar nestas universidades. Ademais, tamén se impartirán materias xerais e outras dos sistemas produtivos das respectivas zonas, como a industria téxtil ou a agronomía.

A Unibol (Universidade Indíxena de Bolivia) financiarase co 15% dos recursos do "Fondo Indíxena", que conta xa con 100 millóns de dólares provenientes do Imposto Directo dos Hidrocarburos (IDH).


Ligazóns

4,2/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: