Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONCURSO EN REDE

Castelao, The Invisible Man

Suso Sanmartín proponnos este vídeo para 'Unha imaxe para o galego'.

Redacción - 12:30 30/06/2008

O concurso 'Unha imaxe para o galego' está que arde. Xa temos 88 fotografías e nove vídeos. Un dos últimos que nos chegou é este de Suso Sanmartín coa seguinte lenda: “Desenhei Sempre Em Galego, escrevim Sempre Em Galego, e se tirades o que há de galego e de humano na minha obra, nom ficaria nada dela”.

Xa sabedes que ampliamos o prazo até este venres, cando pecharemos definitivamente o concurso. A vindeira semana reunirase o xurado para escoller as mellores fotos e vídeos.

Consulta aquí as bases e os traballos a concurso.


4,64/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: