Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NUNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

Quintana ofrece “diálogo aberto” para retomar a reforma estatutaria en 2009

O líder do BNG advirte que “o actual Estatuto no dá máis de si” e que Galiza precisa avanzar no autogoberno.

Redacción - 14:15 28/06/2008

O vicepresidente da Xunta e voceiro do BNG, Anxo Quintana, volveu poñer a reforma estatutaria no primeiro plano do debate político. Aproveitando que este ano se cumpren 90 anos da Asemblea Nacionalista de Lugo, Quintana leu unha Declaración Institucional na que lle propón ao PSdeG e ao PPdeG que en 2009 se reabra un diálogo entre os partidos que propicie un novo Estatuto

O voceiro do BNG sinalou que o actual Estatuto de Autonomía impídelle a Galiza seguir desenvolvendo as súas capacidades: “sinxelamente porque o actual Estatuto non dá máis de si e está esgotado”. Quintana cre que urxe reabrir o debate en 2009 para “testar a capacidade de interlocución das forzas políticas estatais”

“Non imos pór minas no camiño”
Dende o BNG aseguran que non van poñer condicións previas para abrir o debate: “Non queremos ser prexuizosos, imos agardar e ver, coa esperanza de que esa interlocución poida abrirse paso. Non imos pór minas no camiño, queremos un diálogo aberto, franco e sen condicións previas”.

A pelota ás mans do PP
No seu discurso, Quintana referiuse aos cambios do PP español que vén de amosar a súa disposición a un maior diálogo coas diferentes forzas nacionalistas. Quintana pediu que estas palabras teñan consecuencias prácticas: “Os xestos non serán críbeis mentres non sexan capaces de asumir que Galiza quere ser tanto como Euskadi ou Cataluña. E cando digo Galiza digo a grande maioría dos cidadáns, con independencia de a quen voten. Levantemos pois os vetos e construamos entre todos un grande acordo nacional que poña o país por diante dos intereses partidarios”.

Para Quintana é o momento de construir “un autogoberno blindado ás presións externas, sexan dende púlpitos radiofónicos ou dende insensíbeis ministerios de Fomento”


3.88/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: