Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
AOS 57 ANOS

Morreu o sociólogo Xan Bouzada

A Universidade de Vigo realízalle este mércores unha homenaxe ao profesor lucense, falecido este martes

Redacción - 11:08 06/05/2008

Xan Bouzada era director do Observatorio da Cultura Galega do CCG, así como da revista Cooperativismo e Economía Social; así mesmo, participaba no consello de redacción da revista Grial. A Universidade de Vigo, onde era profesor, realizaralle este mércores unha homenaxe. Así mesmo, esta tarde ás seis haberá un acto civil de homenaxe no Tanatorio Vigomemorial en Puxeiros.

Publicou unha morea de obras sobre a realidade social galega, como Escola, cultura e vida comunitaria nun concello galego: Moaña, A situación socio-cultural dos concellos galegos e O desenvolvemento comunitario local. É autor tamén de Familia e comunidade, e xunto a Anxo M. Lorenzo Suárez escribiu Redes sociais e conxuntos de acción.

No verán de 2006 coordinou os encontros Cultura e Concellos, organizados polo Consello da Cultura Galega, e que serviron para revisar as políticas levadas a cabo polas entidades locais neste eido. Bouzada salientou daquela o auxe desas políticas culturais, vencellado fundamentalmente a dous factores: ao interese económico e á maior sensibilidade co papel da cultura na sociedade e á súa capacidade de tender pontes entre os colectivos para acadar unha maior cohesión e forxar unha identidade máis definida.


4,82/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Xan Bouzada, á dereita, nunhas xornadas organizadas polo Consello da Cultura
Xan Bouzada, á dereita, nunhas xornadas organizadas polo Consello da Cultura