Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Datos do INEM

O paro baixa en abril un 0,27%

O número de desempregados en Galiza sitúase en 159.749, o que supón 431 persoas menos que en marzo. Porén, hai 4.270 parados máis ca hai un ano

Redacción - 10:52 06/05/2008

O paro situase en Galiza en 159.749 persoas, o que supón un descenso con respecto ao mes anterior do 0,27 por cento, con 431 parados menos. Sen embargo, os datos recollidos polo Ministerio de Traballo rexistraron un incremento do 2,75 por cento con respecto ao mes de abril do pasado ano, no que estaban a traballar 4.270 persoas máis.

Por provincias, Lugo foi a que rexistrou un maior descenso no último mes, cunha baixada do 2,52 por cento, seguido de Ourense, onde o paro baixou un 0,95 por cento, cun total de parados de 15 e 19 mil persoas respectivamente. Pola contra, os datos recollidos polo INEM na Coruña e en Pontevedra rexistran un incremento do paro do 0,09 e do 0,17 por cento, cun total de 65 e 59 mil persoas desempregadas.

Con respecto a 2007, o paro incrementouse nas catro provincias. Pontevedra foi a que rexistrou unha suba máis notábel, do 4,29 por cento. Ourense e a Coruña subiron un 2,30 e 2,11 cada unha, mentres que en Lugo o incremento foi do 0,25 por cento.

Máis paro feminino
O paro feminino foi o que máis aumentou neste último mes. En abril foron 99 mil as mulleres desempregadas fronte aos 60.710 homes. Os datos facilitados polo Ministerio de Traballo reflicten tamén que son os maiores de 25 anos aos que máis lles costa atopar emprego, o número de parados deste grupo sitúase nos 143.948, moi superior aos 15.901 de desocupados menores de 25.

O sector da construción foi o peor parado de abril. O número de desempregados incrementouse en 290 persoas, chegando o total a 18.226. No sector servizos foi onde se rexistrou un maior descenso, con 631 parados menos (en total 88.645), mentres que na agricultura e na industria o descenso foi de 83 e 79 persoas respectivamente (cun total de 4908 e 24.783).


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: