Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Triunfo da dereita

Berlusconi volve ao poder en Italia

"Os meses e anos que temos por diante son difíciles", afirmou o magnate dos medios de comunicación.

Redacción - 12:39 15/04/2008
Berlusconi será primeiro ministro por terceira vez

Berlusconi será primeiro ministro por terceira vez

O conservador Silvio Berlusconi obtivo o luns unha vitoria maior da esperada nas eleccións parlamentarias italianas para converterse en primeiro ministro por terceira vez. Porén, o magnate dos medios advertiu de que non vai ser fácil resolver os profundos problemas económicos do país.

O amplo control do Parlamento permitiralle a Berlusconi levar a cabo reformas co apoio de deputados e senadores, a diferenza do seu antecesor, Romano Prodi, aínda que moitos italianos están desilusionados da política e dubidan de que calquera goberno poida curar rapidamente os males da cuarta economía da Unión Europea.

"Os meses e anos que temos por diante son difíciles", dixo Berlusconi á televisión estatal nunha chamada en directo, e engadiu que entre as súas prioridades estaba abordar o futuro da compañía aérea Alitalia, baixo control estatal, que o goberno saínte tiña problemas para privatizar, e acabar coa prolongada crise do lixo en Nápoles.

Liberalización da economía
As promesas de Berlusconi inclúen recortar impostos mentres reduce a débeda pública, liberaliza a economía e endurece a postura ante o crime. Mais os críticos din que fracasou á hora de revolucionar Italia, tal e como prometera cando foi primeiro ministro durante sete meses en 1994 e entre 2001 e 2006.

Co reconto practicamente rematado, Berlusconi ten unha maioría de 101 escanos na Cámara Baixa, de 630 membros, e unha vantaxe de 41 no Senado, que ten 315 escanos electos e 7 vitalicios. Contrasta coa maioría de dous escanos que tiña nesta última cámara o anterior goberno de Prodi, que dimitiu en xaneiro tras vinte meses no poder.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: