Rocío Leira, de Cee, coa súa obra 'As sete tristes notas do meu vals', obtivo o segundo premio.
O xurado do premio estivo formado por Xosé Luís Vázquez Somoza, primeiro premio en galego da IX edición; José Manuel Núñez Blazquez, presidente de Ágora Cultural e deseñador gráfico; Manuel Celso Matalobos, vicedirector do IES Lucus Augusti.
Do relato gañador, O vestiario máxico do abade, do pontevedrés Francisco Rozados, destacaron "o discurso Cunqueirano, a súa riqueza de vocabulario e a súa calidade literaria". Do segundo clasificado, As sete tristes notas do meu vals, da ceense Rocío Leira, destacaron o feito de que como un relato tan breve poida enganchar ao lector pola súa poesía, a súa lírica e a súa densidade. O premio Ánxel Fole, que organiza a Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, contou este ano con 38 candidatos na categoría de galego.