Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RELEVO

O histórico nacionalista Rafael Mouzo deixa a alcaldía de Corcubión por problemas de saúde

Óscar Ínsua, que aos seus 27 anos se converte no alcalde máis novo de Galiza, será o rexedor nos tres anos que quedan de mandato.

Redacción - 11:52 31/03/2008

Os problemas de saúde que arrastra dende hai anos fixeron que finalmente Rafael Mouzo Lago decidise esta fin de semana renunciar á alcaldía de Corcubión. Mouzo converteuse no primeiro rexedor da época democrática, logo de presentarse como cabeza de lista do Partido do Traballo de Galicia. En 1982 participa na fundación do Bloque Nacionalista Galego, formación coa que se presentará a partir dese momento e coa que conseguiu maiorías absolutas consecutivas até 2003. Durante catro anos, unha candidatura independente, co apoio do PSdeG, botou da alcaldía a Mouzo, a pesar de que fora o candidato máis votado.

En 2007, Mouzo volvía pilotar a nave nacionalista e conseguia un empate técnico cos socialistas (antigos integrantes da candidatura independente). Mais desta vez, grazas a un pacto coa única concelleira do PPdeG, os nacionalistas devolvéronlle aos seus rivais o golpe que apañaran catro anos antes. O pacto provocou que o Bloque lle abrise un expediente aos afiliados de Corcubión. Porén, este mesmo ano todos os militantes suspendidos de militancia volveron entrar no BNG.

Un mozo de 27 anos toma o relevo
Óscar Ínsua converterase nos vindeiros días no alcalde máis novo de Galiza. Esta mesma semana pode celebrarse o pleno extraordinario no que se decida a sucesión de Mouzo. Os nacionalistas de Corcubión apostan por este mozo, licenciado en Dereito, que comezou a militar en Galiza Nova hai dez anos. Nos pasados comicios ocupou o segundo posto da candidatura. Xosé Ansede Estraviz ocupará o asento de concelleiro que deixa Mouzo Lago.


5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: