Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
A PRECAMPAÑA MÁIS BRAVA

Xosé Crespo: “Aos socialistas ímoslles chimpar os dentes como non espabilen”

O rexedor lalinense perdeu os nervios logo de saber que Sanidade negaba un hospital comarcal para o Deza. (Vídeo no interior).

Redacción - 12:10 19/02/2008
Tags: xerais08

A precampaña máis brava está na capital do Deza. O acalde de Lalín, Xosé Crespo, encendeu a semana pasada nunha conferencia de prensa na que non deixou títere con cabeza. O motivo é a negativa que lle deu a conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio, ao hospital comarcal. Segundo Crespo, a conselleira prometeu mandarlle unha carta explicándolle as razóns. Mais o rexedor lalinense non puido ser máis expeditivo: “A carta que a meta no cu”.

Diante da sorpresa do presidente da Deputación, Rafael Louzán, e do alcalde de Vila de Cruces, Xesús Otero, o máximo mandatario de Lalín anunciou guerra sen cuartel contra os socialistas aos que, figuradamente, dixo que lles había que romper os dentes.


4,44/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: