María Reimóndez, de Implicadas no Desenvolvemento, escribe desde Etiopía sobre o seu labor no proxecto que o colectivo mantén naquel país.
Aquí achegámoslles todas as crónicas que se van publicando:
María Reimóndez iniciou en 2004 a súa colaboración con Vieiros. Foron daquela unha serie de pezas literarias coas que a luguesa nos agasallou entre xullo e setembro do 2004, durante a súa
estadía na cidade de Tiruchy, no sur da India, onde traballa desde hai moitos anos nun proxecto de desenvolvemento. Unha serie de colaboracións que a escritora e tradutora retomou en anos posteriores e que nas súas propias palabras, tratan dun esforzo por "revisar criticamente os prexuízos e as categorías que nos impiden non só observar o mundo tal como é, senón participar activamente na creación doutro estado de cousas posíbel".
En 2006 María Reimóndez levou a súa análise literaria a pé de rúa
até Etiopía, outro dos lugares onde mantén abertos proxectos o colectivo
Implicadas no Desenvolvemento.
En 2008, María Reimóndez volve a Etiopía.