Abel García, que tamén se dará de baixa como militante, afirma que os dirixentes "odian o pobo xudeu".
Abel García López, concelleiro no municipio de Neda, anunciou este luns que abandona o seu cargo pola postura do BNG diante do Día Internacional das Vítimas do Holocausto. García cre que a organización nacionalista presentou no Parlamento un texto "inasumíbel” para unha declaración institucional "sabendo que non ía ser aprobado por PSOE e PP”.
Abel García, que pertence á Asociación Galega de Amizade con Israel (Agai), considera que o texto presentado polos nacionalistas no Parlamento era "un ataque ao Estado de Israel”. O concelleiro subliña que non quere continuar nunha organización política "onde os seus principais dirixentes odian os xudeus e o pobo xudeu”. Por iso, García, que é concelleiro e militante dende 1999, anuncia tamén o seu abandono do BNG.
Poden ler aquí a carta de dimsión