Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A FEIRA ARTÍSTICA TERÁ LUGAR EN FEBREIRO

Numerosa participación galega en ARCO 2008

Estarán presentes as galerías Bacelos, Trinta e Ad Hoc, ademais de creadores como Antón Patiño, Alvaro Negro, Rubén Ramos Balsa, Francisco Leiro, Pedro Barbeito e Diego Santomé.

Redacción - 17:15 20/12/2007

As galerías Bacelos (Vigo) e Trinta (Compostela) participarán na nova sección ARCO 40, presentando o proxecto artístico Esto no es pop, do creador Carlos Pazos, unha obra que explora a arte conceptual mediante música, obxetos e fotografía.

O espazo ARCO 40 acollerá ademais a proposta de Victoria Diehl, traída por Bacelos, coa obra Vida y muerte de las estatuas, coa que se pretende amosar que as esculturas poden sufrir agresións, mutilacións e mesmo morrer, segundo a autora.

Ad Hoc (Vigo), que participa na zona Solo Projects -un espazo dedicado ás propostas que fusionan arte e tecnoloxía-, tentará lanzar a novos talentos, mentres que a galería C5 (Compostela) levará a Arco a obra Face to face, que se exporá na área de vídeo proxección Expanded-Box Screen.En ARCO 2008 participarán numerosos artistas galegos como Antón Patiño, Pamen Pereira, Vicente Blanco, Alvaro Negro, Jorge Periares, Rubén Ramos Balsa, Francisco Leiro, Pedro Barbeito e Diego Santomé.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: