Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Luz verde á proposta na Comisión de Cultura

Unanimidade no Congreso a prol da candidatura do patrimonio galego-portugués

O pouco habitual consenso xuntouno a proposta que insta ao goberno español a presentarlle á Unesco xunto ao executivo portugués a candidatura das Tradicións Orais Galego-Portuguesas a Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

Redacción - 15:30 11/12/2007

"É un recoñecemento decisivo para o coñecemento mutuo de dous pobos situados a ambos lados do río Miño que se debería reforzar e impulsar", explicou Francisco Rodríguez, deputado do BNG, logo de que a Cámara baixa aceptase coa unanimidade de todos os grupos a iniciativa en favor do patrimonio inmaterial presentada polo Bloque.

Até o verán de 2008 permanece aberto o período de presentación de candidaturas para seren incluídas na programación da Unesco en 2009. Se a proposta chegase co aval conxunto do Estado español e do portugués, a candidatura gañaría forza para pasar a peneira internacional. Rodríguez lembrou que xa en 2005, a Unesco recoñecera a calidade da proposta galego-portuguesa impulsada polo colectivo Ponte nas Ondas e recomendara introducir algunhas correccións e presentar de novo o proxecto. "Hai usos técnicos, saberes ancestrais, festas, espectáculos que se expresan nestas tradicións orais", sinalou o deputado galego, laiándose de que "cando o Consello de Patrimonio Histórico-Artístico español se reuniu en Cartaxena o pasado mes de outubro, as propostas escollidas foron outras".


4,57/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: