Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No 5º aniversario do Prestige

Feijoo quéixase de que o bipartito teime en "rendabilizar a catástrofe" cinco anos despois

"A mellor homenaxe sería cumprir os compromisos do Plan Galicia", expón o líder do PPdeG.

Redacción - 09:30 11/11/2007

"Cinco anos despois non hai un só quilómetro de AVE rematado nin autovía entre Vigo e Pontevedra, nin outras promesas", expuxo Alberte Núñez Feijoo durante a súa intervención na clausura do X Congreso local de Novas Xeracións do PPdeG en Vigo. "Os que antes estaban na rúa e agora están no Goberno esqueceron os compromisos", acusou a PSdeG e BNG, insistindo en que os compromisos deixados polo PP naquel tempo foron rachados polas actuais administracións.

"A mellor homenaxe que se lle podía facer aos afectados polo Prestige sería cumprir a palabra dada", opinou Núñez Feijoo. De paso, o presidente dos populares reprochoulle aos seus rivais políticos que "aínda non dixeron a que porto habería que levar ao petroleiro". Por outra parte, compartou a vaga de lumes do verán de 2006 cos "outros Prestige" que na súa opinión sofre Galiza. De paso, criticou que socialistas e nacionalistas "rifan entre eles por ter o protagonismo neste aniversario", unha rifa da que Feijoo se laiou que "é crónica durante todo o mandato".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: