Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ao fío das cifras de desemprego

O PPdeG agoira un "escenario preocupante" para a economía do país

Sinalan os populares o estancamento da poboación activa e o aumento do paro como datos que deberan facer que "a Xunta abandone a autocompracencia".

Redacción - 14:45 05/11/2007
Tags: paro traballo

"A Xunta insiste en manter un discurso triunfalista, pero a realidade desminte cada día eses argumentos", afirmou este luns a deputada Beatriz Mato Otero, voceira de Traballo do grupo parlamentario do PPdeG. Referiuse Mato ao incremento dos produtos básicos da cesta de compra, a suba continua do petróleo e o esforzo crecente "ao que teñen que facerlle fronte as familias para poder pagar as hipotecas e créditos persoais".

Segundo a popular, o conxunto de indicadores "evidencian un escenario difícil para as economías familiares", reflictido no "mínimo histórico" do índice de confianza dos consumidores. Fronte a isto, o PPdeG propón varias medidas. En primeiro lugar, reaxustar o proxecto de orzamentos priorizando o investimento produtivo, "que tal e como está só medra un 3%". Por outro lado, propoñen reducir o gasto corrente, "que medra arredor dun 8,9%".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: