Desde a consellaría apostan por fixarse na evolución dos últimos doce meses, ao tempo que destacan o descenso do paro entre a mocidade.
Desde a Consellaría de Traballo recoñecen a mala cifra do último mes, pero apuntan que o incremento do paro en outubro con respecto ao mes de setembro, un 3,8%, é malia todo "o segundo aumento menor dos últimos 8 anos". Así, a cifra de paro de outubro seguiría sendo a menor dos últimos doce anos.
Sinalan especialmente o incremento do paro feminino no sector servizos, 1.867 novas demandantes, dato que lle atribúen ao remate das actividades estivais. Tamén o incremento rexistrado no sector da construción, un 4,3%. Ademais, incrementouse nun 6,4% a porcentaxe de demandantes de emprego que nunca tiveron un traballo. Desde a Xunta tamén indican que dos 83.781 contratos realizados en outubro, o 11,2% foron indefinidos, unha suba do 9,4% respecto a setembro aínda que un 8% menos que en outubro do ano pasado.