Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os ecoloxistas piden outra estratexia

Escasa ambición coa enerxía solar

O goberno español quere limitar a 1200 MW a potencia instalada en 2010. O ano pasado, Alemaña xa tiña instalada máis do dobre.

Redacción - 09:40 14/10/2007

"Até cando teremos que ir por tras de Alemaña en enerxía solar cando o sol abundante está aquí e non aló?", sinala José Luís García Ortega, especialista de Greenpeace neste tema. "Hai que apostar por impulsala e marcarse obxectivos moito máis ambiciosos", propón.

O potencial do sector fotovoltaico é apenas valorado polo executivo estatal, segundo reprochan os ecoloxistas, xa que renuncia a marcar metas doadamente acadábeis no marco do Plan de Enerxías Renovábeis 2011-2020. Este documento debera elaborarse o ano que vén, e segundo os informes achegados por Greenpeace, sería factíbel fixar un esquema que permitise acadar en 2020 que o 50% da produción eléctrica en todo o Estado fose froito de enerxías renovábeis.

As cifras manexadas polos ecoloxistas apuntan que simplemente a colocación de paneis fotovoltaicos no tellado dos edificios podería garantir en medio século o dobre da electricidade demandada polas vivendas. Sumada a produción potencial en parques solares ao nivel do chan, ese prognóstico multiplícase por cinco veces. Opinan que o propio feito de que agora mesmo xa se acadasen as cifras marcadas para 2010, é exemplo da madureza do sector, polo que debería apoiarse o seu desenvolvemento. Unha das medidas solicitadas é "o estabelecemento de tarifas predecíbeis no tempo que aseguren a rendabilidade dos investimentos".


4.75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: