O ministro de Cultura de Venezuela falou con Vieiros da revolución que está a vivir o país e da súa relación con Galiza e coa literatura.
Farruco Sesto
Farruco Sesto Novás, ministro do Poder Popular para a Cultura de Venezuela, nado en Vigo en 1943 e emigrado ao país sudamericano en 1962, está de visita na nosa terra para ver a familia e participar nun ciclo de conferencias. Arquitecto de profesión, é tamén pintor, debuxante, destacou como un dos renovadores da poesía galega dos anos 60 e 70 á vez que sempre mantivo unha estreita relación co nacionalismo. Sesto, acompañado da súa muller, entrevistouse coa conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, aproveitando a súa estadía no noso, seu, país.
-A que se debe a súa visita a Galiza? Volve moito á súa terra natal?