Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
REACCIÓN DAS OPERADORAS ÁS REDES MUNICIPAIS

R cre que as wifis públicas “non son competencia”

Telefónica recorda o caso da rede de San Francisco, anunciada como a maior do mundo pero que acumula problemas de financiamento

M.V. - 17:41 24/09/2007
O cable de R está en cidades e vilas

O cable de R está en cidades e vilas

A vaga de redes sen fíos públicas que están a montar moitos concellos galegos mantén á expectativa as operadores de telecomunicacións, que poderían os principais prexudicados se popularizan os accesos subvencionados a internet.

Así, dende R insisten en que “cómpre que os fondos públicos se invistan naquelas zonas ás que non poden chegar as redes das empresas privadas”. Ademais, a compañía solicita ás administracións que, no caso de crearen wifis públicas, empreguen “tecnoloxías que garantan unha continuidade no servizo”.

R confía na súa superioridade
técnica
Con todo, a compañía galega non ve un perigo para o seu negocio no importante número de wifis municipais que se están a crear en Galiza. R considera que “non son competencia”, debido a maior velocidade e fiabilidade da súa rede de fibra óptica.


Mentres tanto, un voceiro de Telefónica en Galiza sinala que “a nosa idea é colaborar sempre cos concellos na extensión de internet”. Malia todo, tamén destaca que as redes wifis municipais necesitan ser rendíbeis economicamente.

En concreto, Telefónica sinala ao caso da rede wifi pública de San Francisco, anunciada como a maior do mundo pero que tivo que ser atrasada debido a problemas de financiamento. E é que a empresa contratada polo concello, EarthLink, xa tivo que despedir a 900 traballadores ante a dificultade de atopar métodos que as fagan rendíbeis unha rede sen fíos.

Madrid advirte aos concellos
Cómpre lembrar que o goberno estatal acaba de reafirmar a súa ameaza de vetar as wifis públicas naqueles lugares que prexudiquen os intereses das operadoras. Para Madrid só se poden investir cartos públicos en subvencionar o acceso ao internet nas áreas do rural, onde non é rendíbel para empresas como Telefónica ou R.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: