Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INCLUÍDAS WEBS DA XUNTA E MUNICIPAIS

'Lista negra' de administracións que pasan dos estándares abertos

Os cidadáns poden coñecer o plan urbanístico do seu concello, pero só se teñen instalado o navegador de Microsoft

M.V. - 16:51 18/09/2007
O autor da 'lista negra', F.J. Tsao Santín

O autor da 'lista negra', F.J. Tsao Santín

A recente noticia da multimillonaria multa a Microsoft por parte da Comisión Europea mostra que os días nos que as administracións confiaban só na tecnoloxía de Microsoft están chegando ao seu fin. A esixencia de que as aplicacións públicas funcionen correctamente en todos os sistemas -incluído o software libre- é cada vez máis común. E é que a Lei obriga a que as webs das administracións públicos sexan accesíbeis para as persoas con discapacidade, que empregan navegadores especiais.

Con todo, varios entes públicos do país seguen publicando os seus sitios web de xeito que só poden ser consultados co Microsoft Explorer. Unha delas é 'Planeamento Urbanístico', o portal da Consellería de Política Territorial que recolle os plans xeral de ordenación municipal.

Problemas nas universidades
Outra web con problemas é o sitio do Concello de Betanzos, que “non funciona nin co plugin de Firefox”, principal navegador de software libre. Así o denuncia a web de Francisco Javier Tsao Santín , un informático colaborador do Grupo de Programadores y Usuarios de Linux de Coruña .

Na 'lista negra' de Santín tamén está a Universidade da Coruña que “ten erros moi graves de deseño en accesibilidade” para os navegadores “adaptados”, os que usan, por exemplo, persoas con problemas de visión. A web da Universidade de Vigo sufre do mesmo problema, denuncia este programador.

Santín tamén alerta do frecuente uso da tecnoloxía Flash de Adobe, inaccesíbel para os navegadores adaptados, presente no Sistema de Información Territorial de Galicia e no Galimap, da Consellería de Presidencia.


4.69/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: