Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Este mércores na TVG

"As palabras, coma os paxaros, voan sobre as fronteiras políticas"

Con esta frase de Castelao presentan o traballo documental "Fronteiras", que fai un percorrido polas terras estremeiras do Eo-Navia, Bierzo e As Portelas.

Redacción - 09:00 25/07/2007



"Desde as polémicas rifas entre historiadores, filólogos e políticos, até as posturas máis desdramatizadoras dos propios habitantes destas zonas". Reflexións diversas no documental que a Galega estrea este mércores, achegando posicións variadas sobre o feito de que "as divisións administrativas non coincidan moitas veces coas lindes culturais". O traballo está producido por Pasacana Films e o guión e a dirección é de Rubén Pardiñas.



Inclúe entrevistas cos habitantes de vilas e aldeas como Vilafranca do Bierzo e Ponferrada (León), Ibias e El Franco (Asturias), Hermisende e Lubián (Zamora) ou Castro Laboreiro (Portugal). "Hai desde quen explica nun galego impecábel que el non ten nada que ver coa cultura galega até quen reclama a anexión a Galiza", explican os produtores.



Recóllense tamén declaracións de persoeiros como Xosé Manuel Beiras ou Manuel Fraga; escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Angueira ou Xavier Frías Conde; os filólogos Francisco Fernández Rei ou Xosé Lluís García Arias e os presidentes da Real Academia Galega e da Academia de la Llingua Asturiana, Xosé Ramón Barreiro Fernández e Ana Cano.


4.83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: