Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A SÚA HISTORIA INSPIROU O FILME 'OS LUNS AO SOL'

Xixón ferve contra o encarceramento de sindicalistas do naval

Dous líderes da CSI presos por estoupar unha cámara de tráfico, como se ve en Google Video. Estase a organizar unha folga xeral na cidade.

M.V. - 15:01 19/06/2007
Cándido González, un dos presos / Foto: CSI

Cándido González, un dos presos / Foto: CSI

Dous líderes do sindicato asturianista Corriente Sindical de Esquerdas (CSI) están na cadea dende o sábado. Cándido González Carnero e Juan Manuel Martínez Morala foron condenados en primeira instancia por voar unha cámara de tráfico do Concello durante as protestas contra o peche do estaleiro Naval Gijón.

Na súa historia baseouse o guión da película “Os luns ao sol”, ambientada en Vigo e protagonizada por Javier Bardem.

Posíbel folga xeral en Xixón

Inmediatamente despois da detención, organizáronse concentracións de protesta en varios puntos da capital. Nunha delas, en fronte da comisaría a que levaron os detidos, houbo varios feridos despois dunha carga policial, segundo informa Glayiu.

Numerosos actos de protesta continúan tres días despois en Xixón e os sindicatos locais están negociando a posíbel convocatoria dunha folga xeral na cidade. Polo de agora, o conselleiro de Xustiza do goberno asturiano pediu o indulto aos traballadores.

O conflito na rede

No Youtube pode seguirse un documental que explica a orixe do conflito laboral, mentres que en Google está publicado o vídeo achegado pola Policía no xuízo e no que se baseou a condena.


4.5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: