O segundo premio ex aequo foi para Antón López Mariño, Xaquín Pedrido e Natalia Sueiro.
A Consellería de Innovación e Industria vén de conceder o V Premio de Xornalismo Científico. Nesta ocasión foi parar a mans de Iolanda Fernández Casal, por unha serie de noticias publicadas en El Correo Gallego sobre as investigadoras do país. O galardón consiste en 5.000 euros.
O segundo premio está compartido por dous traballos. Os textos son “Los héroes vuelven a casa”, de Antón López Mariño e Xaquín Pedrido Rey, que se publicou en La Opinión; e para “Una ventana abierta a la vida”, que escribiron Natalia Sueiro e Blanca Iglesias en El Ideal Gallego. Os dous traballos compartirán 2.300 euros.
Cabe lembrar que na anterior edición o premio principal compartírono ex aequo o xornalista de Vieiros Roberto Noguerol e Raúl Romar, de La Voz de Galicia.