Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Oito maiorías absolutas para o Bloque

BNG: un descenso que doe pouco

A formación nacionalista tivo un pequeno retroceso que lle custou algo máis de 11.000 votos. Por primeira vez, o BNG non medra nuns comicios electorais. Mais este mal dato ten paradoxalmente unha cara positiva que se traduce nunha suba de 68 concelleiros.

Redacción - 10:30 28/05/2007
Tags: BNG

O Bloque bate en óso nas principais cidades pero saca o peito en vilas moi importantes do país como é o caso de Carballo, Cangas, Ponteareas, Monforte, Boiro, Moaña ou Teo.

Se en 1999 as grandes urbes eran as que tiraban polo BNG, agora pérdense votos, e son os municipios medianos e pequenos os auténticos referentes da forza nacionalista. O BNG é a forza máis votada en 17 concellos do país e, en oito deles poderá gobernar en solitario.

Que xogaba o BNG? - Obxectivo, reiniciar a marcha


4,38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: