Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Este sábado, á tarde e noite

Fene celebra as Letras cun recital e con "poemas nas ortigas"

O poemario gañador do último premio Pérez Pallaré de poesía, Ortigas, de Xiana Arias Rego, será presentado no Círculo Mercantil ás 21.00. Antes, no local da Sociedade O Pote de Maniños, terá lugar un recital no que participará a autora xunto con outros oito poetas.

Redacción - 19:21 11/05/2007
Xiana Arias Rego

Xiana Arias Rego

Xiana Arias Rego, xornalista no Diario Cultural da Radio Galega, gañou o XIX Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Pallaré, do Círculo Industrial e Mercantil de Fene, co poemario Ortigas. O libro, editado por Espiral Maior, con ilustracións de Xosé Carlos Hidalgo e prólogo de Leo F. Campos, será presentado mañá no Círculo Mercantil de Fene, ás 21.00.

O propio sábado, con motivo do Día das Letras Galegas, a Sociedade O Pote de Maniños celebra no seu local social ás 18:30 un recital poético, no que intervirán Arsenio Iglesias Pazos, Daniel Salgado, Eduardo Estévez, Leo F. Campos, Lorena Souto, María Lado, Mario Regueira, Verónica Martínez Delgado e Xiana Arias.


4,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: