Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Meme 'Mmmmúsicas'

O blogomillo descobre as cancións máis quentes

A idea de temas que melloran o acto sexual xurdiu dun par de blogueiros e xa se estendeu por todo tipo de bitácoras.

Redacción - 13:47 09/04/2007
A convocatoria orixinal

A convocatoria orixinal

O blogomillo está invadido por un meme musical. Unha boa parte das bitácoras galegas están a reproducir a mesma idea: publicar cinco vídeos de temas que melloran a experiencia sexual ou, dito doutro xeito, de música para foder.

A idea xurdiu das mentes de Maríademallou (Casatlántica) e de Gustavo Harvey (Moderno de Merda), que decidiron espallar a proposta, nun primeiro momento, a outros cinco blogueiros: Sergio74 (Retropower), Besbellinha (Beliscos Pequenos), Projecto Mourente (Prosciutto Mourente), W. Sobchak (CCCP) e Rosa Enríquez (Valdeorosa). Agás esta última, todos lle transmitiron o meme, nomeado Mmmmúsicas, a outras outras cinco persoas, e así sucesivamente, avanzando polas redes sociais do país.

No seu percorrido, a idea foise transformando, non no fondo, pero si na forma, dando lugar a algunhas variantes. Nalgúns casos non se chegan a completar as cinco cancións, noutros non se ofrecen vídeos, senón só as músicas -mesmo descargábeis-, ou as letras, e mesmo hai quen fixo un podcast de resposta. O meme segue a circular pola rede.


3.57/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: