Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Proxecto Icono GZ

Castelao é elixido icona máis representativa do país

Internautas e cidadáns pontevedreses votaron entre corenta deseños de Kiko da Silva.

Redacción - 16:38 03/04/2007
A icona gañadora

A icona gañadora

A icona de Castelao foi escollida como a máis representativa da nosa identidade na votación convocada polo proxecto Icono GZ. Estivo composto por corenta pictogramas alusivos a Galiza deseñados por Kiko da Silva. Os deseños puidéronse contemplar durante o mes de marzo pendurados das rúas da cidade vella pontevedresa e mais na web do programa.

A súa intención foi promover un debate sobre a nosa identidade visual, para o que se convocou unha votación paralela na rede e mediante urnas situadas na Casa das Campás e no Pazo de Mugartegui. Despois da xornada de reconto, tanto os internautas coma os cidadáns pontevedreses coincidiron en votar maioritariamente a icona de Castelao adaptada aos novos tempos, é dicir, co cigarro riscado.

Case 400 visitantes depositaron o seu sufraxio nas urnas fisicas, mentres que máis de mil o fixeron na páxina de Icono GZ. Na votación física, quedaron nas posicións segunda a quinta as iconas da lingua galega, o paraugas, o petroglifo e a Peregrina; porén, na web os finalistas foron as gaitas, o queixo de tetilla, a Santa Compaña e a morte.


4,5/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: