Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Serán accesíbeis na rede

O Estado dixitalizará os fondos dos mosteiros galegos

O Boletín Oficial do Estado publica hoxe o concurso para a dixitalización esta documentación medieval, que foi trasladada a Madrid logo da desamortización do século XIX.

Redacción - 13:49 27/04/2007

A conselleira de Cultura e Deporte demandáralle en setembro á ministra de Cultura Carmen Calvo o acceso, dende a propia Galiza, do noso persoal investigador galego e cidadanía a esta documentación. Tamén o parlamentario do BNG Francisco Rodríguez o expuxo no Congreso mediante unha proposición non de lei, que finalmente foi aprobada.

O traballo de dixitalización destes fondos, valorados en 300.000 euros, é a primeira fase do proceso: logo de seren dixitalizados, as copias depositaranse en arquivos galegos e estarán dispoñíbeis na rede. Cultura estuda tamén a posibilidade de elaborar copias dixitais da documentación sobre a Guerra Civil Española relativa a Galiza e situada no arquivo da Causa Xeral, no período de 1931 até 1950. Xa dispoñemos de fontes informatizadas de documentación medieval, como o Arquivo Histórico Universitario de USC.


Documentos

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: