Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Canal Estudos Galegos – Monográficos (3)

Estudos Galegos, remexemos na hemeroteca: estudos medievais

Recuperamos a escolma de artigos coordinada en 2002 por Bieito Arias, especialista en literatura medieval.

Redacción - 11:45 15/07/2009

Peneiramos a base de datos de Vieiros para achegarvos documentos de interese publicados neste canal. Profesorado e alumnado vencellado á licenciatura de Filoloxía Galega na Universitat de Barcelona: mantivo activo durante ben tempo en Vieiros o Canal Estudos Galegos, a través da Asociación Internacional de Estudos Galegos.

Coincidindo coa novena edición do congreso que organiza este colectivo desde este luns en Santiago, (Ver a información de Vieiros: En galego estamos no mundo ), aproveitamos para recuperar contidos de amplo interese que tiñan sido reclamados por lectores e investigadores e que, por problemas técnicos, quedaran inaccesíbeis. Agora organizámolos para poñelos outra vez ao voso dispor.


Aquí o terceiro monográfico, publicado orixinalmente en xuño de 2002:


Monográfico 3 / Estudos Medievais
Coordinado por Bieito Arias Freixedo
A idea de partida é a de dar a coñecer ó público interesado en xeral, tanto algúns dos proxectos de investigación ou de edición en que os especialistas están a traballar nestes momentos, coma algunha das publicacións recentes sobre varios aspectos desta ampla área de estudio. Bieito Arias Freixedo, especialista en literatura medieval, é profesor na Universidade de Vigo. Ler aquí


Entrevista ó profesor Ramón Lorenzo Vázquez
Por Xosé María Gómez Clemente
O profesor Ramón Lorenzo, como especialista no estudio da lingua e da prosa medieval, fai unha valoración da evolución da investigación neste ámbito e comenta para Canal Estudios Galegos os proxectos en marcha e os campos de traballo abertos para o futuro na edición e a investigación dos textos medievais. Xosé María Gómez Clemente é profesor de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo. Ler aquí


O reto dunha edición crítica das Cantigas de Amigo
Por Rip Cohen
Un editor crítico enfróntase a diversos problemas para poder chegar a unha comprensión e fixación correcta do texto. A expresión E, pois m’ oíren (B 727 / V 328, v. 18) nunha cantiga de Rodrig’ Eanes de Vasconcelos dá un bo exemplo da importancia de que un editor ás veces saiba simplemente escoitar os manuscritos. Rip Cohen é visiting scholar da Johns Hopkins University e autor de estudios sobre poesía amorosa clásica, medieval, renacentista e moderna. Actualmente está preparando unha edición crítica das cantigas d’amigo da lírica galego-portuguesa. Ler aquí


Textos lexislativos a finais da Idade Media
Por Gemma Avenoza
As investigacións sobre os textos xurídicos medievais permite un maior coñecemento da historia, a lexislación e a sociedade da época, e a través das traduccións galegas conservadas pódese deducir cáles foron as fontes xurídicas manexadas en Galicia en lingua vulgar. Gemma Avenoza é profesora de Filologia Romànica da Universitat de Barcelona e realizou múltiples traballos de investigación no ámbito da literatura medieval románica. Ler aquí


Macías, do amor cortés á comedia de honor
Por Antonio Cortijo Ocaña
Estudio de Macías como mártir de amor seguindo a elaboración da lenda a través de diferentes autores dende Siervo libre de Amor de Rodríguez do Padrón ata a comedia de honor Porfiar hasta morir de Lope de Vega, que testemuña a vitalidade dun motivo poético inspirado na realidade que chegou a acadar verdadeira dimensión lendaria: o Macías mártir de amor. Antonio Cortijo Ocaña é profesor da University of California - Santa Barbara, e forma parte do seu Centro de Estudios Galegos. Ler aquí



Un proxecto arredor das Cantigas de Santa María
Por Elvira Fidalgo
O Proxecto Cantigas de Santa Maria do Centro de Investigacións Ramón Piñeiro prepara unha edición das cantigas de loor e Alfonso X na fase inicial dun plan que abarca o conxunto da lírica relixiosa alfonsí. Elvira Fidalgo é profesora na Universidade de Santiago de Compostela e directora do proxecto e autora da monografía Cantigas de Santa Maria, recentemente publicada por edicións Xerais. Ler aquí


Cars do proxecto Prosa Literaria Galega Medieval
Por Pilar Lorenzo Gradín
O estudio da prosa literaria galega medieval esixe unha fixación dos textos fundamentais en edicións críticas que fornezan unha base sólida a estudios posteriores. Tamén será unha ferramenta útil a creación dunha base de datos que inclúa os textos e a bibliografía especializada. Pilar Lorenzo é profesora de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago e directora deste proxecto do Centro “Ramón Piñeiro” para a Investigación en Humanidades. Ler aquí


O cancioneiro de don Afonso Sánchez
Por Mariña Arbor Aldea
Alfonso Sánchez é un dos últimos trobadores da lírica galego-portuguesa. O estudio da súa biografía e a fixación e análise da súa producción poética permiten coñecer mellor a evolución da lírica medieval coa tendencia ó tratamento paródico dos tópicos da escola nesta fase tardía. Mariña Arbor Aldea é bolseira de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Proxecto Arquivo Galicia Medieval, Lírica Galego-Portuguesa) e publicou diversos artigos sobre lírica galego-portuguesa medieval. Ler aquí


A música das cantigas medievais. Bibliografía
Por Manuel Pedro Ferreira
A bibliografía sobre música e literatura medieval non é sempre doada de coñecer dada a especificidade do tema e a súa posición entre dúas disciplinas. Manuel Pedro Ferreira, profesor na Universidade Nova de Lisboa, ofrece aquí un listado da súa bibliografía máis recente sobre o tema, édita e inédita. Ler aquí


A tradición musical das Cantigas de Santa María
Por Antoni Rossell
O estudio das referencias intertextuais e intermelódicas presentes nas Cantigas de Santa María descobren a intencionalidade do autor para potenciar diversos significados dos textos. Antoni Rossell é profesor de Filoloxía Románica da Universitat Autónoma de Barcelona e intérprete de música medieval. Ler aquí


Ligazóns

2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: