Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ULTRAFONDO

Cristina González avanza firme cara ao mundial

A atleta de Vilagarcía conseguiu a vitoria nunha carreira de 100 quilómetros disputada en Madrid a pasada fin de semana.

Redacción - 11:00 17/03/2009
Cristina González competindo

Cristina González competindo

A arousá Cristina González segue firme o seu camiño cara ao campionato mundial de ultrafondo e conseguiu en Madrid unha noa vitoria, empregando 9 horas e 52 minutos para cubrir os 100 quilómetros da carreira Villa de Madrid.

Foi a única muller que conseguiu acabar a carreira, malia estar na carreira algunhas das corredoras máis sobranceiras desta disciplina a nivel estatal, como é o caso de Estefanía Climent ou Rosario Muñoz. González rematou na posición 22ª dos 33 deportistas que conseguiron rematar a carreira.

Cristina une esta vitoria ás acadadas nos 100 quilómetros de Tarrasa, nas 6 horas de Calella ou nas 24 de Barcelona. Así, presentase como unha clara candidata a obter un bo resultado no mundial de ultrafondo que se celebrará os días 2 e 3 de maio na localidade italiana de Bérgamo, e que constituirá a primeira competición internacional da arousá.


3,67/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: